Asociación  Bágoas da Terra

Actividades

Viveiro


 

 

  Principal

  Presentación

  Corpo de Baile

  Grupo Folk

  Actividades

  Mostra Folklórica

  Aquelarre

  Galería de Fotos

  Contacto

  Links 

 

bagoasdaterra@gmail.com

www.bagoasdaterra.com

 

 

 

 

 

CONGRESO NACIONAL CIOFF-ESPAÑA

Viveiro, do 5 ao 8 de decembro de 2009.

Este ano 2009 Bágoas da Terra acolle na súa organización o XXVII Congreso anual de CIOFF-España,

ó que pertence por medio do seu Festival, a Mostra Folklórica Internacional Popular de Viveiro.

 

 

Durante o Congreso  celebraranse Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria, diversos coloquios,

conferencias, rodas de prensa, recepcións oficiais, etc.

 

 

Paralelamente ás actividades propias do Congreso, levaranse a cabo unha serie de actividades Turísticas e Culturais. Neste senso se amosará o entorno de Viveiro, en relación á sua paisaxe, monumentos, historia, tradicións, o mar, etc...

 

 

O Domingo día 6, cabe destacar a Conferencia a cargo do Periodista Xulio Giz Ramil.

"Eso que llamamos Folklore".

 

O acto principal deste programa será o Acto Cultural de Música e Danza a cargo de Bágoas da Terra.

Que se celebrará o próximo Luns día 7, ás 20:30h. no Teatro Pastor Díaz de Viveiro,

con entrada libre.

A entrada será libre para que, ademais dos congresistas asista quen o desexe.

 

Outra actividade paralela ó Congreso será o Belén en miniatura  que Bágoas da Terra montará como

exposición na "Praza da Fontenova "de Viveiro, do 7 de Dicembro ó 7 de Xaneiro. Este Belén en Miniatura levará o deseño da exposición que Organizou Bágoas da Terra o pasado verán, chamada "Galicia Polo Miudo"

na que se amosaban os oficios tradicionais galegos por medio de bonecos e miniaturas.

 

Imaxes da exposición "Galicia Polo Miúdo" do pasado Verán. O Belén irá nesta línea.

Bágoas da Terra 5/12/09

________________________________________________________________________________

 

Base-Programa da Asociación Bágoas da Terra para 2008

(Conmemoración do 50 Aniversario)

1. Actividade: Museo Etnográfico no Casco Histórico.

(derradeira semana de xullo, nos comercios do Casco Histórico de Viveiro) 

Converteremos os escaparates dos comercios do Casco Histórico de Viveiro nun verdadeiro Museo. Cada un deles decorarase con prendas e instrumentos antigos, pero relacionados ca gama comercial dos mesmos. 

 Por exemplo nunha zapatería, poñerase todo o proceso de fabricación de zocas, dende a árbore do bidueiro, ferramentas, como se traballa a madeira, etc. Ata expoñer as diferentes formas de zocas; chinelas, zocos, etc.

 Outro exemplo sería nunha tenda de telas, na que expoñeremos nun escaparate un tear, e a elaboración, mediante o mesmo, das teas de liño, etc.

 Deste xeito faremos a configuración do museo. 

2. Actividade: Pasarela de Indumentaria Tradicional.

(O día 7 de agosto ás 20:30h. Na Praza Maior de Viveiro)

 Organizaremos un Desfile ou pasarela de traxes tradicionais, pero dándolle vida, é dicir, con cada grupo de roupa se representará unha escena propia, diferenciando, deste xeito, si se trata de roupas de traballo, roupas de cotío, roupas de gala, etc.

 As escenas iranse narrando e describindo cunha voz en off. Cada unha das accións levará de fondo unha música tradicional galega axeitada ó que se está a representar.

 Así pode aparecer unha escena con Cruceiro, como no adro da Igrexa nun día de festa, e aparecer de forma estática xente con roupas de gala, tomando vida e movemento na escena e recorrendo a pasarela.

 Cando esta remata, teremos unha rotonda preparada con outra escena, na que se representará, por exemplo, unha fonte e un grupo de mozas con traxe de cotío, coas sellas recollendo auga, igual que a escena anterior, pasarán a cobrar vida e acción na escena propia.

 Desta maneira iranse sucedendo a totalidade de escenas que temos organizadas; un taller de costureiras, unha adega, un mercado na aldea ou na vila, os preparativos dunha voda, etc. 

3. Actividade: Espectáculo Especial Bágoas Xeracional.

(día 3 de agosto as 20:30h. Na Praza Maior de Viveiro)

 Ó longo destes 50 anos de historia foron moitos os centos de persoas que pasaron polos grupos de Danza de Bágoas da Terra. Convocámolos nesta ocasión para que haxa unha representación destas diferentes xeracións e participen neste espectáculo, interpretando danzas e cantos do amplísimo repertorio que temos.

 Participarán varias xeracións de bailaríns, músicos, o Coro de Bágoas, o grupo de Pandereteiras, etc.

 A idea es xuntar a compoñentes que formaron e forman parte de Bágoas dende a súa fundación, maiores xunto a mozos e mozas que na actualidade forman o grupo.

 Hai xeracións enteiras dunha mesma familia que forman parte desta “segunda” familia que para todos nos é Bágoas da Terra, tras medio século xuntos.

 O que se trata é de realizar un acto emotivo, con gran participación popular. Unha pequena homenaxe e repaso á súa historia que Bágoas da Terra quere ofrecer a Viveiro.

 Como convidados de honra, actuará a Banda Municipal de Música de Viveiro, a Coral Polifónica “Alborada” e Escolma de Meus. Para que, como forzas vivas musicais de Viveiro, entre outras, nos arroupen neste día tan especial.

4. Actividade: Pegadas e Vestixios.

(Do 1 o 18 de agosto na sala de exposicións do Concello de Viveiro)

 Exposición que englobe todo aquelo que foi recollido e acadado por Bágoas da Terra nestes 50 anos. Isto é, Libros Editados, Discos, Catálogos, Carteis (enmarcar), Folletos e programas, Insignias, Medallas, Premios, Dossier en xeral.

 Tamén moitos instrumentos musicais, Pezas conmemorativas, cerámica, e todo aquelo pertencente ao arquivo que Bágoas da Terra ten dende hai 50 anos. 

5. Actividade: Foro de Opinión Bágoas.

(Sen determinar data concreta, pendente dos convidados)

 Reunión – Mesa Redonda – Debate, sobre as Asociacións Culturais en Xeral e, de maneira particular, de Bágoas da Terra.

 Participarán membros da prensa rexional, persoas coñecedoras de Asociacións e das diferentes etapas de Bágoas da Terra. Trataranse temas relacionados cas tradicións e todo o relacionado co folclore galego.  

6. Actividade: Edicións de Imprenta.

(En elaboración, traballos a realizar no mes de setembro)

 Catálogo e libro conmemorativo de Bágoas da Terra e os seus 50 anos de andadura. Con contidos e partes das súas accións e seccións. Grupo de Danzas, Grupo de música Folk, Escola de danza e tradicións de nenos, Exposicións, Concursos, Aquelarre na Eira das Meigas, Mostra Folklórica Internacional.

 Difusión a Centros Galegos, Federacións, etc.

 Edición de Bágoas con comentarios de persoas que a coñecen, etc.

7. Actividade: Amosa ós nenos as nosas cousas.

(A partires do mes de setembro) 

Levaremos ós colexios monitores e xoves que expliquen ós nenos, de forma sinxela, a nosa indumentaria tradicional a modo de recortables, os cales se lles obsequiarán. 

Deste xeito, a modo de xogo, se lles ensinarán as nosas raíces.

    8. Actividade: Exposición de Traxes Rexionais de España.

(Do 1 o 18 de agosto na sala de exposicións do Concello de Viveiro)

 Adecuaremos un local e expoñeremos os diferentes traxes das distintas autonomías.

 9. Actividade: Gravación de CD do Grupo Folk e Pandereteiras.

(entre setembro e decembro no estudio Arte Dixital de eVigo)

 No que se recolla un resumo do repertorio do noso Grupo Folk, que se compón de música tradicional con arranxos propios, música de autores galegos (con arranxos propios) e, na súa maior parte, música composta polo propio grupo “Bágoas da Terra”. Así como diferentes sons e cantigas do grupo de Pandereteiras da Asociación.

 Este CD difundirase en distintos ámbitos como; Centros Galegos, escolas, etc. Ademais da súa presentación en concerto.

10. Actividade: Concentración Artesanal ou Artes Tradicionais.

(Sábados 12, 19, e 26 de xullo  -  Horario: de 11 a 14h. E de 17 a 20h.)) 

Pretendemos facer concentracións por gremios ou actividade. Gustaríanos facer concentración de palilleiras, de alfareiros, de cesteiros, etc. 

11. Actividade: DVD-Documental  -  Pantalla Xigante.

(Día 4 de agosto ás 22h. Na Praza Maior de Viveiro)

 Nunha pantalla xigante, situada no escenario da Praza Maior. Farase un repaso xeral a toda a historia de Bágoas. Mediante fotografías de viaxes, actuacións, situacións peculiares, etc.

 O acto interconectará a imaxe (fotografías) cos comentarios e anécdotas que irán desglosando varios compoñentes emblemáticos do grupo (Luís Docampo (Moro), Pepe do Galicia, Hortensio, etc.)

 Do mesmo xeito, intercalaranse actuacións do Coro de Bágoas da Terra, Hortensio Gómez, etc. que irán enlazado co que se visualizará na pantalla.

 O que queremos é mostrar a todo o público, cómo é Bágoas por dentro. Como nolas inxeniabamos para pasa-lo tempo durante os longos viaxes ao estranxeiro en autobús, ata anécdotas que ocorreron nos distintos festivais e convivencias con xentes doutras culturas, etc.

12. Actividade: Concurso de Beléns.

(Durante o Nadal 2008) 

Dende fai anos rexurdimos en Viveiro a tradición dos Nacementos, e temos inventariados e catalogados mais de 100. Témolos recollidos en reportaxes fotográficos e de vídeo. 

Pretendemos facer un ficheiro impreso de todos eles, destacando os que foron premiados en cada categoría. 

13. Actividade: Realización dun libro de acuarelas conmemorativo do 50 Aniversario.

(Presentación a partires do 15 de xullo)

 Levaremos a cabo a realización dun libro de acuarelas con textos e pintura relacionados con Bágoas, que amose a esencia e o que realmente Bágoas da Terra chegou a ser ao longo destes 50 anos de andadura. 

14. Actividade: Concerto do Grupo “Raspa”

(5 de agosto ás 22h. – Praza Maior de Viveiro)

 Trátase dun grupo de música colombiana que se caracteriza por realizar música latina, fusión e salsa.

 Raspa está composto por dez músicos en escena co obxectivo de disfrutar e facer disfrutar ós que se animen a bailar ou dende lonxe prefiran estar de pe escoitando. Raspa sona a festa de barriada, de praza pública ou de salón de baile...para bailar sen mais.

15. Actividade: talleres de Percusión e danza.

(comezo a finais de Xullo)

 Temos programadas unha serie de xornadas ou talleres de percusión e danza, para amosar ou ensinar á xente as nosas tradicións. 

16. Actividade: Intercambio Xuvenil co grupo de Cieza.

(do 6 ao 11 de agosto)

 Convivencia directa cos nosos xovenes, aloxamento nun colexio e programación de varias actividades. 

Ademais desta serie de actividades e outras que se están a planificar, queremos levar a cabo:  

  • Cena – Gala de Vodas de Ouro. Con carácter popular.
  • Solicitude á Casa Real. Convidar á Duquesa de Lugo a Presidir o noso Festival nos 50 anos de Bágoas, solicitando que nos escriba un “Saúda” de presentación no catálogo de Bágoas.
  • Solicitar a Turismo a Declaración de Interés Turístico para a Mostra Folklórica Internacional, única na súa categoría na Provincia de Lugo.
  • Convidar á 30º Edición da Mostra Folklórica Internacional ós Presidentes de Festivais de CIOFF-España, ós Presidentes dos Grupos de Danza de FACYDE, a persoas relevantes no mundo do Folklore, a representantes da Deputación Provincial, da Xunta de Galicia, Do INAEM, do IGAEM-Xacobeo, etc.
  • Presentar ante o Concello de Viveiro diversas solicitudes.
    • Local-Sede ,tras 50 anos de andadura, que preserve o noso patrimonio, arquivo, vestiario, etc.
    • Nomeamento e Distinción, etc.
  • Celebrar a XXX Mostra Folklórica Internacional do 3 ó 10 de agosto de 2008.
    • Cas súas programacións de Audicións Musicais nas rúas (do 4 ó 10 de agosto – 11h. – Polas Rúas de Viveiro)–
    • Festivais na Comarca (Do 4 o 10 de agosto – Vilas da Mariña Lucense – 20:30h.)
    • Xornada Infantil da Mostra Folklórica: Grupos da bisbarra e convidados, coma o grupo RADOST de Slovaquia (Día 6 de agosto as 20:30h.-Praza Maior de Viveiro)
    •  Concerto de Música Folk Grupo “Bágoas da Terra” (Día 8 de agosto ás 22h. Na Praza Maior de Viveiro)
    • Aquelarre na eira das Meigas (12 de noite do sábado día 9, na Praza Maior de Viveiro)
    • Desfile das Nacións polas rúas de Viveiro (día 9 de agosto ás 12h. – Rúas de Viveiro)
    • Recepción Oficial coas autoridades (día 9 de agosto, tralo desfile das nacións no Casino-Club Náutico de Viveiro)
    •  Gran Gala Internacional da XXX Mostra Folklórica (día10 de agosto ás 20:30h. Na Praza Maior de Viveiro)
      • Participarán os grupos de:
        • Bolivia
        • Benin
        • República de Komi
        • México
        • Serbia
        • Cieza (Murcia)
        • e Bágoas da Terra de Viveiro
    • Este ano queremos contar coas colaboracións de outras forzas vivas da cidade, como a Banda Municipal de Música, a Coral Polifónica Alborada, Escolma de Meus e outras agrupacións que nos acompañarán.

   

Asociación Bágoas da Terra

Ano 2008.

 

(ATRAIS)