Asociación  Bágoas da Terra

Grupo Música Folk

Viveiro


 

   Principal

  Presentación

  Corpo de Baile

  Grupo Folk

  Actividades

  Mostra Folklórica

  Aquelarre

  Galería de Fotos

  Contacto

  Links 

 

 

bagoasdaterra@gmail.com

www.bagoasdaterra.com

 

Pablo

Ruth

Juan

Jose M.

Blanca

Fran

Bossa

Olivier

 

 

 

Actuación na Praza Maoir de Viveiro en 2011

O seu repertorio está composto por temas tradicionais, arranxados polos seus compoñentes, principalmente temas propios, pero tamén algún tema de autor, sempre arranxados polo propio grupo.

Actuación en directo na Praza Maior de Viveiro en agosto de 2006

             Durante a súa traxectoria, que comeza no ano 1.996, realizaron varias actuaciós en Viveiro, onde realizan anualmente un concerto multitudinario na Praza Maior así como outras intervencións, como o concerto extraordinario de Nadal no Teatro Pastor Díaz, participación no concerto “Formato Acústico” (con grabación de cd e DVD), etc. Ademais están integrados e interveñen nos Circuitos Culturais da Xunta de Galicia, actuaron no Concello de Riotorto dentro deste apartado, así como en diversos programas ante as cámaras  da Televisión de Galicia. Tamén actuaron no Auditorio da Casa de Cultura de Gamonal en Burgos, no Teatro da Real Escola de Arte Dramático de Madrid, no Festival Internacional de Ciudad Real e no Festival Internacíonal de Extremadura, en Badajoz.

 Actuación en el Festival Internacional de Extremadura - Badajoz Julio 2012

          Voces e pandeiretas: Irma Moreno (voz e percusión), Mercedes Balseiro, Xiana Ínsua e Sara Moreno (voz solista).

Actuación das cantareiras no 2007

 

 

 

 

 

 

 

 

Entre os seus proxectos mais inmediatos está a gravación dun CD, que en nestas datas se estgá a concretar cos estudios Arte Dixital de Vigo.

 

 

 

O grupo Folk de “Bágoas da Terra” xorde a raíz de introducir músicas nas danzas do grupo, con instrumentos que completasen o tradicional cuarteto de gaitas tamboril e bombo. Así pois engadiron zanfona, acordeón, guitarra, cavaquinho, frautas, bouzouqui, etc. formando de esta maneira o grupo folk da asociación.

Posteriormente, ademais de cancións típicas como muiñeiras, xotas, etc. engadiron outros temas ao seu repertorio con ritmos mais innovadores e fusionando estilos que, ainda que non son de raíz exclusivamente galega, si dan unha gran riqueza ao son dos nosos instrumentos. Deste xeito, nos seus concertos pódense esoitar rumbas, boleiros, etc. facendo da sua actuación unha audición de gran variedade rítmica e tímbrica.

Actuación en directo na Praza Maior de Viveiro en agosto de 2006.

A sua intención é intentar humildemente que a sua música sirva ante todo para divertir, relaxar ou animar a todo aquel que teña a oportunidade de escoitala. 

Concierto en  Agosto de  2010.

 

COMPOÑENTES:

- Pablo G. Esqueira: Acordeón, piano e teclados     

- Juan Salgueiro: Guitarra

- Ruth García: violín e voz solista

- Fran Parapar: Percusión

- Olivier Cano: Frauta Traveseira e saxo

- Javier Pena "Bossa": Gaita, Frauta e whistle

- Blanca López: Violonchelo

- Jose Miguel Soto: Gaita, Acordeón, frauta, whistle e Percusión.

  

Actuación en directo na Praza Maior de Viveiro en agosto de 2000.

 

 

(ATRAIS)