|
|
Asociación Bágoas da Terra |
|
|
Aquelarre na eira das Meigas |
||
|
|
O Aquelarre... A Gran NOITE MEIGA
|
||
|
Imaxes do Aquelarre na eira das Meigas de 2000. “AQUELARRE NA EIRA DAS MEIGAS”, onde se conxugan as creenzas, ritos e supersticións como a Santa Compaña, e outras supersticións que antaño arraigaban entre algunhas xentes e lugares. Este espectáculo, que mistura teatro, danza, lenda e tradición, ten un enorme traballo de documentación e escenografía, para o que se parte da súa base fundamentada nos Aquelarres ou reunións nocturnas de bruxos e bruxas, cos seus rituais máxicos, orxías gastronómicas, etc. e que se acostumaban a realizar os sábados a media noite. Dende o seu comenzo se representa unha das innumerables lendas da vila, facendo que a mesma remate confluindo nun vedadeiro Aquelarre. A representación de esta gran NOITE MEIGA, implica a participación de arredor de 80 persoas, distribuidas nos propios persoaxes (bailarins-actores), equipo de decoración, coordinadores de espectáculo, música, técnicos de son, iluminación, posta en escena, interpretación, etc. Ao final da representación, tanto o Bruxo, coma os seus axudantes, reparten as queimadas, que durante todo o espectáculo se van facendo en xigantes potes. A idea de Bágoas da Terra e que este Aquelarre na eira das Meigas quede institucionalizado, e de momento este ano 2008 verá a súa 8ª edición.
ESCONXURO DA QUEIMADA
(voz
Bruxo: José Martínez Blanco, "Pepe do
Galicia")
Mouchos,
coruxas, sapos e bruxas Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas
Lume da santa compaña,
mal de ollo
Averno de Satán e Belcebú
Muxido da mar embrabecida Con este fol levantarei as chamas deste lume
que asemella ao do
inferno
Oíde, oíde os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse na augardente quedando así purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas
Forzas do ar, terra, mar
e lume
aqui e agora
Imaxes do Aquelarre na eira das Meigas de 2006.
|
|
Dende hai varios anos e dentro das actividades paralelas e coincidentes ca MOSTRA FOLKLÓRICA INTERNACIONAL, Bágoas da Terra promoveu temas tan interesantes coma o “museo etnográfico” a través de escaparates, a montaxe da danza do Xacobeo, a pasarela de indumentaria tradicional con escenas vivas da nosa Galicia, varias exposicións, algunhas de gran altura e nivel como a de xoiería tradicional, etc. No ano 2.000, e seguindo na súa liña de ampliación, levouse a cabo un espectáculo grandioso, que se celebra ano tras ano:
|
|