|
|
Asociación Bágoas da Terra |
|
|
Presentación |
||
|
|
|
O Grupo de Coros e Danzas “Bágoas da Terra” nace no ano 1959 dentro do seno da sección feminina, sendo o pioneiro entre os grupos de danzas da zona de A Mariña luguesa. No presente ano, polo tanto, celebramos o 50 Aniversario. Dende entón actuou en numerosos festivais nacionais e internacionais entre os que cabe destacar o do Mediterráneo (Murcia), Ronda, Burgos, Sevilla, Córdoba, Xibraltar, Xaén, Asturias, Cidade Real, Ibiza, etc. e outros celebrados en Francia, Arxelia, Grecia, Checoslovaquia, Portugal, Alemaña, Polonia, Italia, Córcega, África, etc. Tamén actuou ante SS.MM. os Reis de España e foi elixido para representar a Galicia na EXPO’92 de Sevilla. Así mesmo acumulou numerosos premios e distincións a nivel nacional e internacional, tanto polo seu labor en relación á cultura popular, como pola súa calidade artística.
O seu repertorio está composto por danzas de A Mariña luguesa, da zona montañosa do interior da provincia e doutras zonas de Galicia. As súas danzas mais representativas son muiñeiras, xotas, pandeiradas, polkas, maneos, etc. que se caracterizan pola viveza do seu ritmo e o brío impartido na súa execución. Conta ademais con Coreografías Propias.
O grupo posúe un amplo vestiario que da cor e posta en escena a cada unha das súas actuacións. Parte do mesmo foi confeccionado polos propios integrantes do mesmo.
Organiza a Mostra Folklórica Internacional dende o ano 1979. Posteriormente inscríbese como Asociación Cultural potenciando as súas actividades de investigación e difusión da cultura popular, así como a ensinanza do folklore a nenos e xóvenes da localidade e pobos da comarca. O mesmo tempo, leva a cabo un amplo programa de actividades, relacionadas ca Cultura e a Tradición, ó longo de todo o ano, como son exposicións, intervencións nos colexios, conferencias, visitas guiadas, etc.
Ten Grupo de Danzas, grupo de Pandereteiras, Grupo de Gaitas, Coro e grupo de Música Folk.
|
|
|
||